O CGPE solicita unha pasarela ao Reta “nas mesmas condicións que o resto dos autónomos”

05.05.2025. O Consejo General de Procuradores de España (CGPE) elevou unha comunicación a todas as formacións con representación política no Congreso dos Deputados para reivindicar unha pasarela ao Réxime Xeral de Traballadores Autónomos (Reta) para os profesionais da procura “nas mesmas condicións que lle outorga ao resto dos autónomos españois”.

Sobre a proposta de lei do PSOE para permitir o ingreso na Seguridade Social das e dos mutualistas, que se debate mañá no Congreso, o CGPE sinala que é “escasa, inxusta e socialmente excluínte” e pide que sexa modificada.

“A lei que se presenta mañá non é socialmente inclusiva porque situaría as procuradoras e procuradores españois entre un 20% e un 30% por debaixo da pensión mínima de calquera outro autónomo español. Ademais, deixa fóra do sistema a máis de 1.300 procuradores xa xubilados e pensionistas da nosa mutualidade”, sostén o presidente, Ricardo Garrido.

“Queremos que todos os grupos parlamentarios cheguen a un acordo para que non se lexisle unha España con dous tipos de pensionistas e que a pensión mínima de calquera autónomo español sexa xusta e igual para todos”, indicou, pola súa parte, Fernando González Concheiro, vicepresidente do CGPE, quen tamén é decano do Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela e vogal do Consello Galego dos Procuradores.

Accede aquí á nota de prensa remitida polo CGPE.

Fotografía: Punto GA-M.Riopa.